DANOS COLATERALES
Boa parte da derrota de USA en Vietnam tivo que ver coa conmoción e o rexeitamento que as imaxes de devandita matanza xeraron na sociedade norteamericana. Dende logo tan dantescas escenas non parecen ser a mellor ilustración da parafernalia de democracia e liberdade que adoita utilizarse para xustificar estas intervencións. O silencio mediático, o non apartarse da liña oficial de comunicación, converteuse, xa que logo, nun dos obxectivos militares máis importantes en conflitos desa natureza. Ata a linguaxe manipúlase para non nomear aquilo que Goya definiu de forma simple e acertada como “Desastres de la guerra”. Porque non é un dano colateral nin un accidente laboral que o tanque máis moderno do mundo dispare contra un grupo de xornalistas. É un crime e como asasinato esixe xustiza e investigación. A que non soubo pedir ningún goberno español desde fai xa dez anos para o noso veciño José Couso.
