FAMILIAS
As asignacións económicas que as administracións públicas destinan para as persoas con discapacidade intelectual derivan principalmente das prestacións familiares por fillos a cargo, das pensións non contributivas e das libranzas da lei de dependencia. En todos os casos eses recursos están destinados exclusivamente a cubrir as necesidades básicas da vida diaria –alimenticias, residenciais, equipamento, transporte, saúde, ocio e tempo libre, etc– das persoas valoradas e recoñecidas con ese dereito subxetivo.
A maioría das familias, administradoras e xestoras desa economía, así o entenden e a destinan para tal finalidade; o benestar xeral e a millora da calidade de vida das persoas con discapacidade. Por desgracia tamén existen outras familias que detraen parte ou todo desas rendas para usos propios e indebidos. Viven das prestacións dos seus fillos. Esas serán as primeiras da desbandada.
