CAPITULACIÓN DE RAJOY
Avice oficial negaba enfáticamente, canda o ministro Soria, a evidencia de que o Goberno pediría na tarde o resgate financeiro. Coincidian co xornal de Pedro J Ramirez, que non so rexeitaba no seu editorial do sábado a inminencia da solicitude do resgate, senon que acusaba a xornalistas e políticos europeos de tecer rumores, contra a evidencia dun Eurogrupo convocado de urxencia para as 16 horas por videoconferencia que, evidentemente, non se ía xuntar para falar da Eurocopa de futbol.
A iniciativa do pedimento de resgate non foi española, senon do Eurogrupo. O Goberno Rajoy apostaba, antes da crise de Bankia, polos instrumentos aprobados en febreiro e abril ( R.D. 2 e 18/2012) e pola subhasta das entidades participadas polo FROB.
Despois de descobrir a catástrofe Bankia barallou a posibilidade de financiala con débeda pública até que a falla de recursos do FROB fixo evidente que habería que pedir o resgate financeiro .Mais Guindos e Rajoy querían agardar a que fose inevitábel en termos de caixa. Porén o Eurogrupo impúxolle ao Estado español o pedimento inmediato dos fondos, co obxecto de previr as consecuencias para o euro da conxuncion entre o posíbel trunfo electoral de Syriza na Grecia e a imposibilidade española de se financiar a xeito.
Faltan a verdade Rajoy e Guindos cando din que o credito ás entidades financeiras vai ser incondicionado en termos macroeconómicos e fiscais. Pode que Rajoy non saiba ler ingles, pero o comunicado é inequívoco: o Eurogrupo “confía” que España intensifique o control do seu déficit e desequilibrios macroeconómicos e continúe nas suas reformas fiscais,laborais e estruturais e vixilara de preto para acadar estes obxectivos xa no vindeiro semestre.
Por que este engano, srs. Rajoy e de Guindos? Se con ler en inglés na paxina web da Comisión Europea somos quén a descobrilo. Somos menores de idade, por acaso?
A ARRINCADEIRA
O resgate financeiro contribuirá a viabilizar o futuro autónomo de NG Banco e moito mais se esta entidade capta, nesta nova conxuntura e antes do 30-S, investidores privados internacionais que afasten mais a nefasta idea da absorción por Bankia. Asemade, a recapitalización xerará novas posiblidades para enfrontar financeiramente as inevitábeis sentenzas e laudos arbitrais futuros a prol dos titulares das preferentes.
