É POSÍBEL
A unidade non é para nós un recurso retórico senón un recurso natural, o máis valioso das xentes e dos pobos que non se resignan ante a inxustiza e a corrosión á que están sometidos os dereitos e o roubo de espazos de benestar laboriosamente construídos”.
Eis un dos parágrafos que recolle o manifesto “Somos maioría” que está circulando polo noso país. Manifesto, por outro lado, coincidente nos obxectivos con outros no Val Miñor e A Coruña. Unha vez máis, parece que as esquerdas da nosa comarca están instaladas noutra dinámica e terán, xa que logo, que avaliar estas iniciativas que apostan pola acumulación de forzas. É difícil de entender e imposíbel de explicar que, na comarca na que máis necesaria se fai a expresión unitaria da cidadanía, sexa onde máis dificultades atopa.
Tento ollar de vagar ao Cantábrico e acho que me resulta difícil. O buxo, coa súa ramallada, so me permite entrevelo en fotogramas brincadeiros.
