31-12-2014. THE END?
Apenas fica un ano para chegarmos á fin de toda unha estratexia cuxo obxectivo, sobra o eufemismo do veto, era o peche do sector naval. Eís a dura realidade que ratifica as teses do nacionalismo dos derradeiros trinta anos. Porén, non debería ser o pasado o máis urxente á hora de gañar o futuro . Velaí como o economista RamónYañez sitúa o debate no terreo do tanxíbel cando propón que a Xunta, en aplicación da Lei de defensa do Sector Naval Galego (artigo 4º), reclame á SEPI a titularidade das instalacións de Navantia-Fene para ofrecer a súa explotación, preservando a titularidade pública galega, a empresas interesadas que presenten un plano solvente e con capacidade de xeración de emprego e que Navantia-Ferrol gañe en autonomía na responsabilidade comercial no eido de reparacións civís e de turbinas.
E o carrizo brincadeiro, na folgueira degolada polo outono, bate as asas entre as raiolas fuxidías.
