Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

“Nunca se me ha resistido un hombre”, di a portada dunha revista. Quen así fala é María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart, moitas veces grande de España que aos 85 anos acaba de casar con Alfonso Díez Carabantes, un funcionario 25 anos máis novo ca ela. Tal declaración a fai nunha autobiografía titulada “Yo Cayetana” na que fala da súa vida e dos homes que pasaron por ela, seu pai, seu padriño Alfonso XIII, o toureiro Pepe Luís Vázquez, os seus maridos Luis Martinez de Irujo e Xesús Aguirre e do seu recén estreado matrimonio.

¡Madía leva! facer tal declaración avalada polo maior patrimonio de España e 46 títulos de nobreza. Non é difícil imaxinar os comentarios se tales manifestacións foran feitas por unha muller normal, quero dicir sen tan rancia estirpe. O libro vai ter moito éxito pois hai xente que sente unha admiración desmedida pola nobreza e polos cartos, veñan uns e outra de onde veñan.

Hai xente que sente unha admiración desmedida pola nobreza e polos cartos, veñan uns e outra de onde veñan

Conta nel a interesante anécdota de cando seu pai negoulle a Franco a proposta de que as súas respectivas fillas celebraran xuntas a posta de largo. Aínda hai clases seica dixo alporizado. Este mesmo home deixou a embaixada en Londres disque polos desplantes que o caudillo lle facía entón á raíña Victoria Eugenia e a Don Juan.

Non me resisto a contar aquí estoutra anécdota con estes mesmos protagonistas: Foi nunha entrevista que Franco concedeu ao duque de Alba quen, despois de aturar a pompa do caso, atópase co ditador no seu despacho sentado a carón dunha fermosa mesa feita con moi nobres e exóticas madeiras. Despois dunha fría e protocolaria entrevista, a xeito de despedida, o duque espetoulle cun gran sorriso na faciana: ¿Sabe vosa excelencia que esa mesa é da miña propiedade? Nin que dicir ten que un día máis tarde recibiuse a mesa no palacio de Liria, de onde había saído.

De tal pai saíu a duquesa, vital, folclórica, rebelde e independente, xenio e figura. Vaian neste apunte meus desexos de felicidade e longa vida.