MORDAZA
Escribía o outro día nas redes sociais que a información é conciencia. Alguén con acerto completaba dicindo que conciencia ademais é saúde. Non pode evitarse a existencia de abusos de poder co simple feito de que estes non estean rexistrados ou gravados. No mesmo momento en que o último soldado de Estados Unidos abandonou Vietnam a superpotencia aprendeu que era imprescindible limitar a información ou as imaxes que xera unha guerra para poder gañalas. Así o aplicou a sangue e lume en Irak. Aquí sabémolo moi ben; aínda esperamos un xuízo xusto para Couso. O que non podía prever o xendarme do mundo é que os seus máis “gamberros” mozos fosen tan indiscretos compartindo o seu orgullo en torturar prisioneiros de guerra. Melloramos moito cando descubrimos que o horror convive connosco, que é necesario combatelo. Queremos ver un pobo maduro é capaz de xulgar por si mesmo. Non á represión informativa, non á lei mordaza.
