Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Así poderíamos definir o que está a acontecer con Megasa e Alcoa . Observen este dato: Galiza produce 33.081 GWH segundo datos de 2013. Exportamos o 40%.
Porén, empresas e cidadáns galegos pagamos o mesmo prezo polo KW que aquelas que reciben a nosa enerxía alén do noso territorio. Sumen ao considerando anterior que  polo camiño sacrificamos os  ríos e vales máis produtivos;  as empresas que tiran plusvalías dos nosos recursos, pagan impostos en Madrid.
E na fin da viaxe os galegos ficamos co deterioro ecolóxico, o desemprego e  empresas que pechan por  carecermos dunha tarifa eléctrica galega que faría ás nosas empresas competitivas.
Por outro lado, a situación destas empresas retrata, no mellor dos casos, a uns  dirixentes  políticos incapaces de solucionar un problema que lle afecta, neste caso, a 564 familias.