Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

sería tan absurdo como estúpido dicir que ata o día de onte a celebración do 8 de marzo fora pouco máis que unha celebración ritual -desas que enchen os días dos calendarios ao uso- que servira para ben pouco. Porque non foi exactamente así. As xornadas reivindicativas, nunca deberiamos esquecelo, sempre serven para algo. Nisto ou naquilo, aquí ou acolá. Todo menos o cómodo conformismo goethiano: “prefiro a inxustiza ao desorde”. Cando a orde non é tal é preciso subvertela. E para iso é para o que onte centos de miles de mulleres deixaron os seus lugares de traballo e encheron de reclamacións xustas as rúas de vilas e cidades. E abofé que se botou en falta a ausencia das mulleres no bo funcionamento da vida cotiá. Hora era que se vise tan clariño. E aínda puido ser máis. A próxima vez serao, con certeza. O concello de Ferrol, ademais, deu mostra de bo facer recoñecendo e homenaxeando as mulleres que en marzo do 72 tiveron os azos e as forzas necesarias para lle plantar cara ao réxime e poñer as cousas no seu sitio. Emocionante, en verdade. Ses, como sempre, puxo esa nota de coraxuda alegría.