Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

A televisión emitía imaxes e comentarios do importante accidente ferroviario do tren Alvia –o que ultimamente frecuenta o grande amigo Vicente Araguas– que une a nosa cidade coa capital das Españas. Como nunca en tales máquinas viaxei non podo opinar das súas calidades. Só vin o lamentable descarrilamento. Algo fallou. Medios mecánicos parece que tiñan que ter reducido a velocidade. Non o maquinista. Todo semella que ven dunha mestura de sistemas de freado dependendo dos tramos. O caso é que, con esta política de recortes xeneralizados, estamos nas mans do diaño. O caos que se estaba vivindo, hospitalizacións incluídas, deu pé a un comentario dun señor que tiña ó lado: “Nin que isto fose Angola!”. No momento en que redactei estas liñas xa había 80 mortos, ademais dunha trintena de hospitalizados en estado crítico, que non é pouca cousa. Os lamentos están moi ben, pero as cousas non poden ficar só niso. Chapuzas as mínimas.