MARUXA
anme permitir que hoxe leve a miña reflexión a unha parcela moi persoal, pois quixera compartir con vostedes a lembranza dunha muller que ocu-pou parte da miña vida naquelas etapas fundamentais como son a infancia e pre adolescencia. Maruxa axudaba a miña nai nas tarefas do fogar cando nas casas no había auga corrente e a “Fonte do Loureiro” era manancial de provisión ao que cumpría acudir coa sella que as mulleres levaban na cabeza moitas veces nun alarde de incrible equilibrio e en detrimento das vértebras cervicais que tiñan que sufrir o seu con aquel enorme peso. Naquel contexto da década dos cincuenta, Maruxa entrou a formar parte da familia no am-plo sentido do termo pois era a nosa segunda nai e ó marxe das tarefas da casa, participaba nos nosos xogos e coidando tamén de cas cousas se mantiveran en orde. Recordo agora a Maruxa ó pe do lavadoiro de pedra do patio da miña avoa facendo a colada namentres o meu irmán e mais eu xogaba-mos cas pinzas de madeira na pequena arqueta amolando abondo namentres ela participaba salpicándonos ca auga formando tamén parte do xogo. A botamos de menos can-do naceu a súa filla, Neves, pero volveu a casa logo duns meses e gañamos unha compañeira de xogos, unha irmá. Nicolás, o seu home, navegara aló polas augas de Terrano-va na captura do bacallau, pero neste tempo era mariñeiro nos prácticos de Ferrol. Eran tal para cal: especiais os dous, con esa intelixencia natural que da a Universidade da vida e posuidores dunha bonhomía que non tiña parangón. Té-ñome atopado con xente estudada que non lle chegaban á altura dos talóns no concepto de entende-la amizade e de ve-las cousas da vida. Diso funme decatando na medida en que me facía maior. Agora veñen a miña memoria aquelas tardes de invernía cando o vento sopraba bravo e a auga batía con forza contra dos cristais da nosa galería namen-tres nós xogabamos con Maruxa a brisca ou a facer solitarios ao amparo da mesa “camilla” escoitando na radio algún pro-grama de “discos dedicados”. A radio era o entretemento principal nos fogares e dá que a miña nai sacaba aquelas cancións que logo cantaba a “capella” con voz ben temperada. A Maruxa non recordo escoi-tala cantar pero sempre tivo agarimo para con nós e reforzaba cos seus consellos aqueles que re-cibíamos dos nosos país botándolle grandes doses de pa-ciencia. Sendo eu moi pequerrecho ensinoume a facer o lazo nos zapatos e hoxe aínda teño a imaxe dela sentada no chan ao meu carón dicíndome como pasar os cordóns. Xa ven: unha visión practicamente intranscendente, pero que quedou gravada a cicel no meu maxín.Ben, e vostedes preguntaranse por que se me dou hoxe, en pleno Nadal, por recordar a Maruxa. A razón é que por desgraza hai pouco, Maruxa deixounos para sempre, algo esperado porque dun tempo a esta parte andaba moi mali-ña, pero non por ser o tema agardado deixou de ser menos doloroso. Foise Maruxa, e coa súa marcha flúen lembran-zas daqueles anos da miña vida en que eu era un neno ab-solutamente feliz, sentimento provocado por todos os que me rodeaban enchéndome de agarimo e protección, e entre eles atopábase Maruxa . Foron moitos anos de convivencia, de compartir moitas cousas, de reafirmar lazos afectivos, de moitos sentimentos compartidos que se foron estenden-do ata os nosos días. Unha parte das miñas lembranzas gar-dareinas para min nada mais e as conservarei nesa carpeta do meu particular disco duro na que poñerá “Maruxa”. Abrireina de cando en vez porque sempre é bo recordar ás persoas queridas, e Maruxa está entre elas. Abofé.
