Barataria
No sei se hai moita xente ou non que teña lido o “Quixote”, pero para quen non o teña feito dicirlle que non sabe o que se perde. Barataria, para clarexalo ós que non o saiban, era a illa imaxinaria da que o fiel Sancho sería gobernador nos prolíficos miolos do fidalgo e cabaleiro. Penso que a metáfora ven ó pelo si de Ferrol queremos falar, aló menos dende o punto de vista político –ou mellor dito, municipal–; e é que semella que o goberno municipal está a gobernar unha cidade imaxinaria. Se nón, non podo entender o que se está a facer, que é como dicir que non se fai nada, aínda que semella que tal é así tendo en conta o moito que di e fala o noso alcalde. O misterio é saber como é posible que despois de tantos meses xa nesta responsabilidade, semelle que moitos aínda estean a preguntarse por onde queda o Concello ou, como xa dixen, esta Barataria imaxinaria na que nos atopamos día tras día.
