Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Esperanza para a xente do común. Hoxe, a nosa cidade dispón dunha oportunidade para ser diferente e mellor. Para comezar a deixar atrás as moitas necesidades sociais insatisfeitas, a crónica falla de emprego, o abandono consciente do sector naval, o estrangulamento sostido do tecido asociativo, a obtusa renuncia a unha cultura crítica… En resumo, para clausurar ese nefasto cuatrienio de mentiras e recortes que protagonizou o PP. Nesa tarefa feita de loitas e esperanzas, seica virán días bos e outros difíciles, pero a xente nova e ousada que chega ao concello e habita esta cidade ten un mandato  político para pór en común tarefas e propostas que melloren as condicións materiais de vida da nosa cidadanía. Escoitarmos a xente que vive e traballa en Ferrol e facilitar que participen na toma das decisións grandes e pequenas ben pode axudar a que esta vez si o novo goberno sexa “o (do) pobo que xa está en marcha” nas verbas de Novoneyra.