ALMUNIA-FEIJÓO
Non neoliberal de Almunia e incapacidade dun Feijóo atrapado nesa mesma política. A valía dun gobernante é a súa capacidade para resolver problemas. Se un gobernante apenas fai outra cousa que ser correa de transmisión das ordes que transmiten un fato de banqueiros, especuladores e grandes empresarios; se un gobernante non é quen de facer valer os intereses xerais do seu pobo nun caso tan evidente como o do estrangulamento do naval; se un gobernante só manda para impoñer medidas regresivas, pero non é quen de pararlle os pés aos poderosos; entón, non é un gobernante é un home de palla doutros intereses, distintos e antagónicos aos nosos. Navantia sen carga de traballo nin dique, Astano atrapada no veto, Vigo afogada na trampa da multa do tax lease, e o resto de Europa e Asia facendo barcos a esgalla: a trampa é a política neoliberal, a de Feijóo, esa que impide pór cartos públicos en sectores estratéxicos. Cómpre unidade para derrotar esa política, a que comparten Almunia e Feijóo, e cambiar o goberno.
