Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Estamos tan afeitos como fartos de oír falar de corrupción. Mesmo dos cartos desorbitados do fútbol que amasan xogadores, adestradores e directivos. Dos cachulis e das pantojas. Dos bancos e dos banqueiros. Dos desafiuzamentos salvaxes. Deses directivos que, despois de facelo mal, xubílanse con primas de escándalo. Das preferentes que levaron á ruína a tanta xente. Do dopaxe no deporte, aí temos ao Amstrong que gañou sete tours seguidos. Dos programas lixo da TV que chaman Reality Shows. Do abuso de xénero con mulleres (e homes) asoballados e dun longo etc. de delitos protagonizados por pillos, chourizos, desvergonzados e outros delincuentes.

Por se todo o anterior non fora dabondo, circulan por Internet gran cantidade de mensaxes alertándonos de novas estafas, das que pouco ou nada se fala nos medios a pesares de que dende a propia rede se pide a máxima difusión.

Teño marcados no meu móbil os teléfonos 6701139900 e o 911140680 coa advertencia de non descolgar. Seica se o fas, xa te cazaron e xa poden dispoñer dos medios para baleirar as túas contas que é do que se trata. Tomade boa nota dos números.

Vouvos contar agora as dúas últimas mensaxes que recibín, a ver se o resumo ben: A primeira refírese ás gasolineiras. Se pides unha cantidade en euros ou mesmo que te enchen o depósito, xa te están roubando o 20% meténdote litros de 800 mililitros. Seica un ordenador central trucado encargase de facer o choio. A solución está en pedir litros e nunca euros nin que te enchen o depósito. A outra é a relativa ao número 90*. Se recibes unha chamada pedíndote que marques este número seguido do asterisco co gallo de facer unhas comprobacións, non o fagas, trátase dunha trampa para coller e manipular os teus datos de tal xeito que a partir de agora todas as chamadas que eles fagan reverten na túa conta. Consultadas as operadoras, telefónica incluída, contestan que é certo que isto está a pasar pero que elas non poden facer nada. Non o entendo pero é o que hai. Penso que espallar estas cousas é unha obriga e así o fago.