Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

A CATIVERÍA, ¡NIN TOCALA!

Pasmado quedei escoitando as ultimísimas declaracións de Felipe González, personaxe do que nunca gustei. Os valores da esquerda non se poden poñer en venda nos grandes mercados. E menos en nome da modernidade e do progreso. Hai que lle botar cara á cousa. Como non lle deben chegar os seus moi importantes ingresos de presidente xubilado e de asesor empresarial de luxo, dedícase a predicar. Sorte que ten. Hai quen ten que conformarse con ir botar a partida de tute. Falando dos escraches, preguntou en voz alta por que un neno tiña que aguantar unha presión na porta da súa casa. ¿E dentro? Ver imaxes dunha vivenda con dous nenos –un deles con grave enfermidade rara–, con todo en bolsas para o desafiuzamento, ¿non nos produce unha sensación de maior violencia que plantarse diante da casa dun político que apoia medidas conducentes a poñer a xente na rúa? Se non é así, mal imos. O expresidente fala de que hai que respectar o que pode ser violencia contra das persoas. Entendamos: algúns políticos and family.