Valores
Algunhas organizacións de esquerda real sostemos habitualmente que esta é unha crise de sistema, que a corrupción é estrutural e que a situación non se arranxa cunha simple sesión de maquillaxe. É normal que unha boa parte da cidadanía atópese de-sorientada entre o lóxico escándalo que supón o que nos toca vivir e o medo ao descoñecido.
Toda sociedade encerra contradicións que hai que resolver pero o certo é que as premisas básicas deben ser xustas e razoables. A pirámide de valores actuais sitúa moi claramente o capital como o elemento fundamental. Nesa orde de cousas os seres humanos convertémonos en man de obra, en consumidores ou ata en “parásitos” como se trata de introducir polos mecanismos do poder. Non sería razoable repensar o noso xeito de organizarnos colocando ás persoas como o máis importante e dando ao diñeiro o valor de medio que realmente correspóndelle?...niso estamos
