Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

DA SUBMISIÓN E A TIRANÍA

Imaxine que o salón da súa casa leva anos ocupado por un inquilino gratuitamente. Imaxine que esa casa é Ferrol, e advertirá como o mesmo goberno submiso que asume que ocupen o salón da casa de balde e que paga por recuperar algún dos mobles, transfórmase en tirano para lle negar a chave dunha das habitacións a un dos seus irmáns. O mesmo alcalde que asina o convenio con Defensa para entregar 560.000 euros ao Estado, máis as edificabilidades e plusvalías de parcelas en ruínas dos ferroláns, lle nega á veciñanza de Brión e Doniños a propiedade dos montes do Cha usurpados na ditadura. Parece obvio, que se queremos mudar algo máis que o actor que exerza de tirano ou submiso nesta cidade, debemos comezar por mudar o taboleiro de xogo ademais das pezas. Se cadra, rachando as relacións de xerarquía e dependencia de Madrid, para non imitar comportamentos abusivos, e mudalas por relacións entre iguais onde nós decidamos libremente o noso futuro.