Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Finalmente parece que o meteorólogo francés equivocouse e si imos ter verán. De feito as temperaturas son ben elevadas e hoxe moitos parecen añorar esas choivas tan pesadas.
 Quente está sen dúbida o ambiente e non falo só do tempo. A situación do caso Bárcenas está alcanzando enormes proporcións. Non se trata, iso parece, dun caso illado si non que presenta unha corrupción estructural que afecta a alicerces básicos do PP e xa que logo do Goberno do Estado. Chama a atención que de momento a citada organización só ameaza con querella a IU, cousa que catro meses despois non creo que vaia a facer. Sinceramente parece bastante máis grave para o honor do partido gobernante as afirmacións que está realizando o seu extesoreiro que as derivaciones que poidan xurdir delas.
 En Madrid debe facer calor. Non creo que necesite taparse moito o señor Bárcenas nas noites de Soto do Real… que tire da manta, por hixiene tamén.