Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

EEmpecei a experimentar Palestina xa no propio avión. Ao facer escala en Barcelona un pasaxeiro israelí esixiu que o cambiasen de asento porque de repente se atopara rodeado de viaxeiros que falaban o árabe. Logo, sobrevoando Sicilia, unha muller palestina suscitou unha pequena alarma ao pedir un coitelo para pelar unha mazá [...]. Ninguén parecía ir cómodo naquel avión, e isto debía servirme de advertencia”. Así comeza Fin de século en Palestina (2008) do xornalista e escritor Miguel Anxo Murado. Porque a min no seu día me pareceu unha obra moi aleccionadora para entender moitos aspectos diso, xa tan longo como noxento, que se dá en chamar conflito palestino é polo que volvín a ela e polo que recomendo vivamente a súa lectura. Por desgraza, os asasinatos –non hai palabra máis precisa para definir esas mortes– van quedar máis unha vez impunes, porque así o queren os que mandan no mundo. Como perante o crime non se debe mirar para outro lado temos que denunciar abertamente a actuación do goberno israelí e o silencio cómplice dos nosos gobernos.