INVESTIMENTOS
Para comprobar a eficacia dun goberno, hai que estudar as inversións feitas cos cartos de todos. O tema parece máis doado nos concellos, pola maior proximidade da administración cos cidadáns. Nas vésperas das eleccións soe acontecer que o partido gobernante saque a relucir todas as obras e decisións que lle parecen acertadas, calando aquelas outras que poderían ter unha análise negativa. Porén, tamén nalgunhas das “acertadas” atópase a protesta de grupos de cidadáns sinalando outras prioridades nas inversións. No caso de Ferrol, os propagandistas do PP non falan do atentado cultural que está a facer o goberno municipal co caso do Ateneo. Tampouco falan do derribo do Bambú Club, que foi unha funesta inversión, pois rehabilitando o edificio, por moito que custase, o patrimonio tería dous locais comerciais e seis vivendas máis. Gastáronse os cartos na desfeita e agora alí non hai nada. Son só dous exemplos de temas ben distintos, pero haber hai moitos máis. Ou non?
