Querémolos na casa
O 20 de novembro celebrase o 25 aniversario da Declaración dos Dereitos da Infancia. No noso contexto hai dereitos que precisan dunha maior defensa. O dereito a vivir en familia é un deles.
Máis dunha terceira parte dos afectados por medidas de protección son internados en centros de menores en contra das recomendacións dos expertos. É cuestionable e denunciable a maneira rutinaria e ineficaz na que isto se ven levando a cabo, priorizando os ingresos residenciais fronte a outras alternativas: preservación familiar e acollementos en familia extensa ou allea. Para cambiar esta situación, como pai afectado e como profesional, atópase en loita en diversas frontes o compañeiro Xavier. Nunha das súas batallas tamén pode participar vostede. Porque os queremos na casa, en breve poderá entrar en change.org e votar para que se cumpra unha lei, asinar para defender ós fillos e ás súas familias.
