Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Rajoy debe dimitir e a cidadanía ten que ser convocada a decidir sobre as políticas que queremos para o futuro. O seu Goberno adoece xa da lexitimidade democrática para seguir a impoñer unha axenda negra de retalladas nos dereitos e servizos públicos e paus e restricións nas liberdades. Aplica un programa económico e social que contradí o seu programa electoral, que foi co que gañou as eleccións: prometía non tocar a sanidade, a educación e as pensións; dicía que non servían as contrarreformas laboráis para xerar emprego; xuraba non subir o IVE e outros impostos indirectos; e fachendeaba que nos traería responsabilidade e confianza, cando o que temos hoxendía é o descreto absoluto incluso nunha franxa importante do seu electorado e da súa ben tratada patronal. Ministros do Goberno, altos cargos do PP, amizades perigosas no eido empresarial e sobres negros conforman a paisaxe da devastación moral que acompaña a destrución social e o arrasamento económico do noso país: dimisión.