Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Axiña víronse fallos no xeito de actuar dos compoñentes de Podemos. Fallos reais ou inventados por certos medios de comunicación, aos que lles vai moi ben o actual sistema político do país. O finanzamento do partido e as circunstancias económicas dos principais persoeiros, serviron para urdir unha trama de mentiras e medias verdades, que deixaron un pouco tocado o prestixio dos que ían ser os novos “salvadores da Patria”. Mais eu coido que, para a maioría da xente do común, o fallo que non será doado de perdoar é, a falta de apoio á investidura do líder do PSOE. Non se pode asegurar que co sr. Sánchez as cousas foran mellor que co sr. Rajoy, pero o que está máis aló da dúbida é que, había moitísima xente que desexaba ao PP fora do Goberno. A miopía política do sr. Iglesias non lle deixou ver esa notoria realidade. E agora, para acabala de rematar, ameaza a desunión. Ou moito me engano, ou a oportunidade para Podemos xa pasou, pois “a ocasión píntana calva “.  Non é?