Fillos a cargo
A orde 30/12/2014 regulou as bases das solicitudes de prestación económica de pagamento único por fillos menores de tres anos a cargo no 2015. É innovadora respecto a edicións anteriores dado que a contía da axuda incrementase progresivamente en función do lugar que ocupe o menor de tres anos entre os previsibles irmáns. Unha medida que trata de motivar a natalidade e axudar a paliar a despoboación que padece o país.
O gran interés que esperta nas potenciais familias beneficiarias frustrase en moitos casos por un polémico requisito. Que no 2013 ningún compoñente da unidade familiar presentase a declaración do IRPF estivese ou non obrigado a facela.
Moitas parellas que tiñan rendas medias ou baixas quedaron sen opción de tramitación simplemente por ter un documento imprescindible (IRPF) para axilizar un sin fin de tramites a outros recursos: colexios, comedores, becas, etc.
