Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Intentaron algunha vez comprar unha bandeira multicolor en Ferrol? Si, esa que representa á comunidade gay. É unha experiencia que recomendo as persoas que comentaban nas redes sociais o pouco necesario do acto simbólico en particular. A suposta “normalidade” está aínda lonxe de conseguirse, quen sosteña o contrario está equivocado ou directamente esconde na afirmación os seus propios prexuízos.
É un exemplo máis do pouco que se entende en parte desta sociedade iso que chamamos habitualmente “discriminación positiva”. Algo que non é outra cousa que visibilizar e tomar medidas favorables facía colectivos de persoas que por unha ou outra condición se ven habitualmente maltratados. Ese castigo ten formas subxectivas, algunhas son sutís e pódense sentir co que recomendo ao principio da columna, outras son obxectivas e teñen que ver, por exemplo, coa loita pola igualdade de distintos dereitos legais. Orgulloso da bandeira.