Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Ás veces prodúcense situacións nas que, os que reclaman a igualdade atacan, aproveitando a ocasión de indefensión de quen, nese momento non pode respostar  adecuadamente, ben polas circunstancias ou ben por non esperar ese tipo de ataque. Refírome ao feito de expoñer unha camiseta dicindo: “Yo no voté a ningún rey”. Nada teño que opoñer á liberdade de expresión dese protagonista, pero si ao momento elixido. Xa que, en outras circunstancias, don Felipe podería tamén amosar unha camiseta que dixera: “Yo tampoco le voté a usted”.  Nese caso, estaríamos nunha situación de igualdade que, coido non lle parecería mal a don Diego, bo defensor das liberdades, das que, por suposto, non se pode privar nin a un rei. Conste que non son monárquico, mais penso que ter un Rei pode ser moi útil, para controlar ao Cabalo e vixiar que non se extravíe a Sota. Porque hai circunstancias e situacións que aconsellan prudencia, e ninguén pode garantir que o As, o faga mellor. Ou si?