Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Seguro que hai cousas que uno non espera que lle pasen na vida. Co paso dos anos de cando en vez pensamos no noso propio fin. Observamos os hábitos cotiáns, os antecedentes familiares, e podemos aventurar un de-senlace para a nosa existencia. O accidente, o drama do inesperado, só pode obter unha resposta, o agarimo e a solidariedade. O ensino da traxedia debe estar á altura do sucedido para minimizar as posibilidades de que volva acontecer. Investigación xa que logo profunda, por encima de calquera cuestión económica ou política. Aprendizaxe tamén de como esta cultura nosa do espectáculo enfronta situacións como as que nos tocou vivir. Polo menos un mínimo de respecto para as vítimas e de piedade para aqueles que se nos presentan como posibles responsables. Esperemos que a xustiza faga o seu traballo, non só están en xogo os niveis de seguridade na nosa sociedade senón tamén a súa calidade humana