Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Hai tres semanas escasas que o rei recibiu na Zarzuela ós tres motoristas que se acababan de proclamar campións do mundo nas súas respectivas categorías. Vender triunfos, case con máis felicidade que se baixase o paro, por poñer un exemplo que non creo esaxerado. Agora acaba de aparecer a nova de que o máis campión dos tres campións, Marc Márquez, xa ten solicitada a residencia no Principat d’Andorra, ese país tan visitado por “ilustres personalidades” do Reino de España, e no que xa teñen asento formalizado uns 25.000 españois, entre eles outros dous coñecidos motoristas, os Espargueró. Con Márquez houbo ó longo deste ano diversidade de opinións por cuestións de posicionamento político, exhibicion de bandeiras... Cousas banais comparado con isto. Pero, moito me temo que pasado o día... os papás patriotas e os seus fillos seguirán aplaudindo, cal se fosen da familia, as vitorias, dos “nosos?” velocistas sobre os contrincantes “foráneos”. Pedrosa ou Lorenzo, por certo xa non  de hoxe, son “residentes” suízos. Haberá bos circuítos por esas terras.