Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Dende  hai anos os colexios de Cerdido, Moeche e As Somozas contan entre 40 e 50 escolares cada un deles. Disto derivase o agrupamento de ciclos, rotación de mestres, compartimento de especialistas, dificultades para formar grupos entre iguais...
Dada a cercanía xeográfica, a idiosincrasia común, a rede de relacións e a boa sintonía xeral das veciñanzas dos tres concellos, as voces de moitas familias apuntan para unha millor calidade educativa, humana e tamén económica, a optar pola escola que reuna as millores condicións e agrupar nela a todos os menores. Ademáis as outras dúas infraestructuras poderían reconvertirse, unha nun centro de día-residencia para maiores, creando emprego e fixando poboación, e outra nunha plataforma de formación e desenvolvemento sociolaboral que compartirían tamén os tres entes locais. É momento de miradas amplias, de cooperar aunando esforzos, de asumir retos conxuntos.