Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Que tempos eran aqueles nos que cada mes chegaba o parte de certificados de peregrinos concedidos pola autoridade competente que daban fe do número de visitantes a territorio galaico! Este ano parece que nin camiñantes viñeron por aquí dado o balance de turistas aloxados, aínda que xa se sabe que moitos transeúntes veñen pasar o verán ou as festas ás casa matrices, e eses non contan, aínda que arriben falando catalán e español.

A crise pasa factura a todos os sectores, incluído o turístico, pero este non necesita de grandes investimentos para atraer á xente. Por exemplo, as catedrais, mosteiros, vilas medievais e palacios de congresos xa están construídos, polo menos até onde se pode ver. Outros están derruídos e non son máis que pedras tiradas, como os castros e dolmens, pendentes de que alguén lles limpe as silvas e toxos. Tamén hai por territorio galaico campus universitarios a esgalla, terminais de aeroportos, centros comerciais e algún que outro museo que permanece en segredo, como rezaba a publicidade institucional. Era tanta a oferta de camas, que até van cerrar dous paradores de turismo e atrás virán máis. Todo un éxito.

Non se entende entón que Galicia fracase no turismo, a fin de contas pasear e visitar algunha que outra ruína é gratis, de momento. Pero claro, a nosa historia é de chiste, non ten nada que ver cos resorts do Caribe ou as discotecas de Gandía, localidade que parece ser que está por Valencia.

Calquera galaico que se teña por iso participou na súa vida nunha viaxe turística exótica, canto máis lonxe mellor. Eu non son menos e un día embarquei rumbo a Armenia, o primeiro pobo cristián, o mesmo da matanza turca. Alí fun ver Karahundj, que ven sendo un conxunto de grandes pedras cun oco na parte superior e que forma una especie de signo interrogación, que funcionan a modo de calendario marcando acontecementos astronómicos básicos, tal é como marcan por aquí os dolmens e outras laxes sinaladas. O problema é que de momento ninguén coñece tales construcións, nin as armenias nin as galaicas, pero calquera sabe das cerimonias en Stonehenge no solsticio de verán, que teñen fama mundial polas súas sacerdotisas lixeiras de roupa.

Nun museo noruegués, que non recordo o nome, había grandes colas de visitantes para ver o casco dun lexionario romano, que no só deus sabe por que foi encontrado naqueles territorios tan afastados da fronteira do Rin. Supoño que aínda haberá algún galaico que utilice de bebedoiro para as vacas ou os cans as pías dos antigos poboadores destes pagos, primeiros en darse conta do de Galicia calidade. Ter temos que ensinar, pero as nosas autoridades pensan que é mellor o que hai fóra.