Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

A elección do cardeal Bergoglio como sucesor de Bieito XVI indica un xiro significativo no goberno da Igrexa. Así se vai reflexando en numerosos xestos, comezando pola elección do propio nome de Francisco para ser identificado como Papa. No s. XIII, Francisco de Asís significou, coa sua vida, a denuncia permanente do absolutismo da Curia Vaticana. Só a enteireza e a constancia do “poverello” foi quen de vencer a resistencia do Papa Inocencio III a aceptar a entrada da fraternidade franciscana naquela Igrexa. Pero, con todo, non debemos caer na inxenuidade de crer agora que con Francisco o cambio na Igrexa xa está asegurado. Non. Debemos aprender do pasado, porque algo parecido ao de agora xa pasou despois de morrer Xoan XXIII. Nos derradeiros anos de Paulo VI foi cando as esperanzas de cambio suscitadas polo Concilio empezaron a decaer, para darse definitivamente por perdidas no interminable pontificado de Woijtyla, Xoan Paulo II.
Da man de Constantino o gran poder imperial entrara na Igrexa no s. IV para quedarse. O Emperador precisaba do apoio social de aqueles seguidores do Nazareno espallados aínda en grupos e que medraban en prestixio e fortaleza, tanto ao principio, perseguidos e martirizados, como despois a hora de crear os primeiros fondos de axuda aos pobres. Mais os bispos soñaban xa nunha Igrexa poderosa e dominante para converter aos “infieis”. Aos bispos Roma non lles parecía xa tan mala, pasada a persecución dos tres primeiros séculos. Porque o poder nas súas  mans convértese en bo.
Con esta idea e co poder revestido de santidade, a Igrexa navegou ata os nosos días. Atravesou a Idade Media co Sacro Imperio Romano ás súas ordes, cruzando logo polo Renacemento con Papas mecenas das artes e das letras. Non escoitou a Lutero dividindo asi aos cristiáns e refutou a Ilustración e a democracia, que en boa medida recollían principios evaxélicos. Achegada ao s. XX viuse forzada a celebrar o Concilio Vaticano II moi querido por Xoan XXIII. Agora, enferma e abandonada da maioría dos bautizados, continúa esperando a Godot. (Continuará).