Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mediada a segunda década do século XXI, percorren España unha chea de mareas de todas as cores: branca, verde, marela, vermella … Porén, máis que mareas son fogueiras, que van prendendo lumes aquí e acolá, na defensa dos dereitos e liberdades que están a ser atacadas polos xestores dunha crise provocada polos de sempre e que abafa tamén aos de sempre. Son, como diría Alberti (Don Rafael) as cacharelas do pobo, que dalgún xeito tentan incendiar as conciencias dos cidadáns para esixir que se lle dea ao pobo o que é do pobo, pero sempre sen perder o norte. Non sexa que nos pase como a pomba que no canto de ir ao norte ía cara ao sur. Aínda que, coido eu, que no caso da pomba de Alberti non era equivocación, se non que ía ao sur porque sabía que era alí onde máis a necesitaban; alí, onde se xuntan o mar e o ceo; onde non hai trigo nin auga; onde a fame estaba presente na noite e na mañá, coa calor e a nevada. Non se equivocaba, non, que sabía cara a onde voaba.