Festas
Un xa vai cumprindo anos. O 23 de decembro, 70. Pero non por ir vello consideróme desafortunado. Como moitos outros, tiven que loitar e, xa se sabe, non todas a batallas foron boas, aínda que penso que o importante é gañar a guerra e que bastante é chegar a vello, en non so polo apelido. Pero si hai algo que voto de menos a medida que van pasando os anos. E é que cada ano que pasa vexo máis lonxe aquelas festas en que, sendo neno, aínda que os tempos, como se din, non foran doados, unha sinxela carruaxe cuns reis sobraba para ter ilusión, a pesares de que o normal é que logo non chegara o que un pedía. Co tempo eso supereino, quero dicir cando era neno. Non sei por que motivo, agora que todo é máis grande, que moitos temos ou teñen de todo, o que vexo se me fai pequeno. Se me deran a elixir prefiriría volver ver aquelas cabalgatas. Pero isto son cousas de vello. Pase o que pase, sexa como sexa, teño netos ós que levar da man e mesmo do colo. Iso bástame para pasar estas datas. Outros, moitos outros, non teñen tanta sorte e, polo que se ve, quen ten que facelo non fai moito para que mude esta realidade.
