INSULTOS (2)
Seguindo co tema dos insultos, hai un aspecto que non son quen de entender, que é o interés que pon o insultado en reclamar que o insultador retire o seu insulto. A min paréceme que debería ser ao revés, é dicir, reclamar que o incidente sexa fielmente recollido na acta da sesión, para que quede constancia do agravio sufrido; porque, imos ver: se o insulto se produciu, se foi recollido por todos os medios de comunicación, nos que quedará constancia histórica, se xa é de dominio público, de que serve borralo da acta? Esa solución é a saída máis fácil que se lle pode ofrecer ao ofensor, de xeito que se pode calumniar, agraviar e ofender a calquera con tal de retirar despois o insulto, a calumnia ou a ofensa. Mais non é de sorprender este pequeno detalle nunha “democracia” como a nosa, na que se toman nos Parlamentos e Concellos acordos unánimes que nunca se cumplen e na que se soslaia a Lei e se incumpren sentencias firmes, buscando “encaixes” legais.
