Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Violar é segundo unha das acepcións do Xerais da Lingua, forzar a alguén a un acto sexual en contra da súa vontade. Se o feito de que un home viole a unha muller é algo que vai contra natura, que cinco, homes, mellor sería dicir energúmenos, abusen dunha rapaza nova é algo fóra de todo xuízo. Se por riba o acto está acompañado de vexacións, ostentacións, fotografías e brincadeiras, como nos mostran, quizais en exceso, na televisión, a cousa convertese en algo aberrante que as leis teñen que castigar de xeito exemplar e implacable. Xa sabedes do que estou a falar. Non quero nomear aos protagonistas de tal fazaña, porque mesmo o seu nome dáme noxo. O peor de todo é que aínda hai quen trata de defendelos ou xustificalos convertendo a vítima en culpable.
Castración é a acción e o efecto de castrar, extirpar ou inutilizar os órganos reprodutores dun home ou dun animal. Tamén se di capar e emascular en galego. Existen que eu saiba dous modos de castración, a física e a química. 
A castración química frea a produción de testosterona mediante a administración de medicamentos ante andróxenos por vía oral ou intramuscular, conseguindo que se anulen as funcións das hormonas masculinas e por tanto a conduta sexual do home. En varios países se aplica como condena legal en casos como os que estamos a falar que, desgraciadamente soen ocorrer a miúdo neste mundo noso. A castración física non precisa descrición maior, é simplemente a extirpación dos órganos xenitais. Máis traumática e irreversible, abonda para realizala cunhas tenazas ou unhas tesoiras ben afiadas. Non merecen outra consideración os violadores.
Polo que se ve, se lee e se oe na televisión e demais medios de comunicación, semella que hai certa xustificación ou permisividade a prol dos violadores anque sexan reincidentes como soe suceder. Fálase dunha condena de dez anos ou máis, pero aínda non oín a ninguén falar de castración. Son consciente de que é unha práctica bárbara, cousa doutros tempos, pero ao meu xuízo estes, e outros moitos violadores, asasinos e pederastas, téñeno ben merecido. Eu en favor da saúde mental da humanidade e en defensa de mulleres e nenos, aposto pola castración, a física e a química, ámbalas dúas, de violadores, asasinos e pederastas.
Non existe xustificación nin atenuantes para os seus feitos. Recordade o aforismo que di “Lex sed dura lex”. Non queda outro remedio que aplicala, non só como castigo senón e sobre todo por exemplificación e disuasión.