Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Hai anos, unha campaña de promoción do comercio de Ferrol decía algo así como “compra en Ferrol, e evita que o diñeiro emigre”. A campaña pretendía frear o éxodo de ferroláns á Coruña no día de San Xiao, coincidindo co inicio do periodo de rebaixas. A verdade é que esa filosofía resulta especialmente aplicable no momento actual, onde o comercio local acusa de forma especial a caída do consumo, derivada desta crise económica.
O comercio local é un motor económico que entre todos deberíamos coidar e preservar, non só polo emprego que xenera, senón tamén pola actividade económica que induce. Ferrol debe aspirar a seguir sendo referente comercial para toda a comarca, e por iso, é fundamental o apoio das administracións para o pequeno comercio. Neste punto tamén é crucial o compromiso da cidadanía de apoiar o noso comercio para, como se dicía nesa campaña dos anos noventa, evitar que o diñeiro emigre.