Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

DEMOCRACIA REPUBLICANA

Esvaécense os espellismos dunha monarquía benévola e desinteresada. Ten moitos e inconfesables intereses, e ningún coincidente cos da cidadanía traballadora, consecuencia de ser clave de bóveda de todas as herdanzas indesexables do franquismo. Cando centos de milleiros de persoas perden a súa vivenda; cando 6 millóns de parados padecen angustias, carestías e incluso vergoña diante da indiferenza duns gobernos obedientes ao capital; cando a precariedade laboral extrema, a emigración ou o suicidio son as saídas que nos deixa un réximen esgotado; cando o regueiro de corrupción o mancha todo, da monarquía aos partidos do réximen, nomeadamente coas tramas de financiación-privatizacións… Ese réximen corrupto, esgotado e antisocial ten que caer para que teñamos un novo futuro de traballo, xustiza social e liberdades nacionais. Nas vésperas do aniversario que conmemora a primavera republicana, eu acredito na democracia republicana, ¡Viva a República!