Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Algúns personaxes da política, parece que teñen a manía de identificarse, eles ou o seu partido, con ese ente supra nacional que se chama España. Recomendaríalles que fixesen unha definición clara do que eles entenden por España, porque ás veces, parece que confunden o contido co continente. Así, cando a señora Cospedal (Dona Cospe), dixo que hai ou vai haber grandes pactos contra o PP, e que eses eran “pactos contra España y la prosperidad de España”, está a identificar España co seu partido político, o PP, e a prosperidade dun coa prosperidade da outra. A min paréceme evidente que España é o contedor e o PP unha parte moi pequena do seu contido. e coido que dona Cospe sabe moi ben quen é que cousa, de cada unha desas, o que pasa e que a señora sabe tamén que hai moita xente que está moi sensibilizada coa cuestión patriótica e busca tirar proveito electoral dese equívoco. Eu o vexo así, mais se cadra peco de malpensado e estou errado. Non sei.