Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

As últimas noticias sobre a corrupción reflicten a absoluta decadencia de España e do modelo institucional que naceu após a dictadura. Esvaece un modelo que naceu para paralizar as reivindicacións nacionais e sociais. Certo que este novo escenario que se abre non garante en si mesmo unha saída positiva as aspiracións da sociedade galega e si expresa un ataque, evidente, ás liberdades nacionais e individuais. Porén é unha oportunidade para o cambio que esixe unha maior responsabilidade a aqueles que o lideran. A dialéctica entre ruptura e reforma aparece mais unha vez. Anovar, cambiar, só ten sentido no marco desta crise sistémica se a alternativa ao mesmo é críbel. E anovar unha política para as clases populares, para recuperarmos o tecido industrial, para o agro, para a cultura, para a lingua... para as persoas e os pobos, só é posíbel desde a suma de forzas. As flores agroman no pexegueiro. O paporroibo cántalle ao solpor.