Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Luis Carandell Robusté, licenciado en Dereito, periodista, historiador, escritor e humorista foi, sen dúbida, o mellor cronista parlamentario do século XX. Que ledicia ler ás súas crónicas cheas de fino humor nas que por riba da confrontación política sobresaía o que el gustaba chamar cortesía parlamentaria.
Que se fixo do xogo limpo? Que é o que está a pasar no parlamento da nación onde, as supostamente, máis preclaras mentes do país deberían debater as solucións aos moitos problemas que nos atinxen?
Pola contra, dende os primeiros tempos da democracia, os debates se reducen a un aburrido e reiterativo intercambio de acusacións, onde o “ti máis” é o eixo de todo o discurso. En tempos pre-electorais, acusacións e provocacións acentúanse ata límites que superan a educación, as formas e por suposto a cortesía parlamentaria.
 No último debate do estado da nación, vostede, sr. Rajoy, non falaba do noso país, falaba de Jauja e dicía cousas, tan delirantes e fora de lugar como que a crise estaba superada, que somos a envexa do mundo..etc, nunha fuxida cara adiante, pensando nas vindeiras eleccións. Deste xeito o único que conseguiu foi poñerllo moi doado á oposición que, na súa intervención tratou de situalo a vostede a pé de rúa, falándolle da xente, de fame, de paro, de pobreza, de corrupción..., etc.
Tan mal lle sentou este ataque á súa auto compracencia que se pasou vostede moitos pobos na súa replica sacando a relucir unha prepotencia totalmente fóra de lugar. É inadmisible que o Presidente do Goberno perda as formas de xeito tan evidente.
Non vou a insistir máis no que todos vimos na TV, limos nos xornais e ouvimos nas radios, o que si lle quero dicir Sr Rajoy é que, nun necesario exercicio de humildade, debería vostede pedir desculpas á oposición, a Pedro Sánchez en particular e a todo o país en xeral. Aínda está a tempo de cumprimentar esa obrigada cortesía parlamentaria da que nos falaba o gran Luis Carandell.
Se o rei de España pediu perdón publicamente por un erro cometido, vostede non pode ser menos.