Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

A nova liña de ataque do PP vai pasar por vender ou bombardear os Concellos. O enésimo proxecto de lei de bases de réximen local asasiña a autonomía local, esa que recolle a Constitución que de cote vulneran os que terían que facela cumprir.

As cadeas da estabilidade orzamentaria levan ao PP a retirarlles competencias aos concellos en materia de servizos públicos, como por exemplo os de igualdade ou de dependencia e prescribindo que se un Concello non ten cartos para prestar un servizo público terá que privatizalo. Ou a darllos a esas entidades anacrónicas e proclives a cacicadas que son as Deputacións. Por certo, a protesta dos alcaldes do PP é sobre o seu soldo. Moi ilustrativo das súas preocupacións. Nós acreditamos nunha democracia municipalista, onde a democracia participativa empodere á cidadanía e onde se acade o financiamento tantas veces prometido nas verbas como desmentido nos feitos.