Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

No informe realizado, a instancias da área de urbanismo do Concello de Ferrol o 12 de maio de 2010, entre outras conclusións, advertía que o acceso sur “... non ten en conta as potencialidades das áreas industriais – empresariais actuais e en trámite de desenvolvimento e as posibilidades de interconexión: Porto exterior –polígono industrial do Río do Pozo, plataforma loxística, empresarial portuaria de Mandiá, parque empresarial de Leixa... A alternativa sur… impediría a apertura da enseada de A Malata cara ao resto da ría de Ferrol, hipotecaría unha posíbel revisión dos usos portuarios do porto do interior e de A Cabana… e xeraría un novo foco de contaminación atmosférica e acústica nunha zona de incuestionábel valor paisaxística que paseniñamente está a ser recuperada para o uso público”.
Velaí a importancia da decisión. Afecta a cuestións estratéxicas para a cidade. Por que non un referendo?