Onde queren levarnos?
O latín vis, vim, vi expresaba o que entendemos como forza, violencia, vigor... Por desgraza, é habitual que a xente que chega ó poder entenda que pode facer o que lle peta. Os soberbios son así. E botan man desa súa forza para agredir violentamente. Así actuou o presidente Feijóo con Beiras. Nunca eu –e iso que posúo moitísimos menos recursos que Beiras– caería na trampa do acurralado. Vendo a escena, versos de Neruda, de “El pueblo”, encheron a miña cabeza: “... y no llevaba espada ni armadura,/sino redes al hombro,/hacha o martillo o pala,/nunca apaleó a ninguno de su especie/su hazaña fue contra el agua o la tierra,/contra el trigo para que hubiera pan,...”- Mais podo entender a reacción deste amigo de vello. O PP manda e ordena que batan nos da súa especie que non levan espada nin armadura, que só queren que haxa pan para todos. Queren transmitirnos que eses e Beiras son os violentos. Galeano dixo: “fracasaron quienes prohibieron el agua porque no pudieron, porque nadie puede, prohibir la sed”. Obvio.
