Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Non están os tempos para sermos optimistas, malia todo, é necesario non caer no pesimismo, porque entón, sería “tirar a toalla”, e iso non. Mais hai veces que tes gañas de mandar todo ben lonxe. Como cando les na prensa un anuncio que di:  “Converterse en pai ou nai é unha das mellores experiencias da vida”; e engade: “DEPENDE DE TI”.
Pois xa está ben ho! Era o que nos faltaba! Agora resulta que o descenso demográfico de Galicia é culpa das mozas e mozos que non queren asumir a irresponsabilidade de traer nenos a este mundo, sen unha mínima garantía de poder alimentalos, de crialos sans e felices e de ofrecerlles un teito onde acubillalos.
Non é culpa dos que pechan empresas, dos que recortan salarios, dos que encarecen os medicamentos, dos que obrigan a esas mozos e mozas a fuxir da súa terra, buscando outro lugar onde poder ser pais responsables.
Fan falta nenos para garantir a sociedade do benestar. Si, que xa se encargarán outros de desfacela. Que desvergoña!