Como non son un caracol
Como non son un caracol non teño un caparazón desde o que sacar os meus cornos ao sol. Tiven que conseguir unha vivenda, un lugar onde sentirse protexido. Un espazo para habitar, para comer, para descansar, para durmir. Unha casa para regresar, para gozar nos éxitos, para refuxiarse nos fracasos, para dubidar, para arrepentirse, para chorar. Un fogar para formar unha familia, para facer o amor, para vivir a rutina. Un interior desde o que asomarse á fiestra para ver chover, para non sentir frio ou resgardarse do sol. Unha cela onde sentirse prisioneiro ou un pazo onde comportarse como un rei.
En fin, xa saben, algo natural, todos os animais necesitan un niño, unha madriguera, unha colmea onde desenvolver a súa vida pero o certo é que isto tamén o convertemos nun problema, outra necesidade básica transformada nun luxo cada vez máis difícil de alcanzar. Nin xente sin casas nin casas sin xente
