Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Bernardo Bertolucci amosounos a Cidade Prohibida de Pequín na súa multioscarizada película sobre o derradeiro emperador chinés, Pu Yi. Situada no centro da cidade, rodeada de murallas e un foxo de auga, o seu nome débese ás restricións que tiña a cidade tocante ás persoas que a puideran visitar.

Pensaba eu nisto cando o venres atravesaba a Porta do Parque do Arsenal Militar para me adentrar na nosa Cidade Prohibida e poder gozar da magnífica arquitectura da planta e edificios que posúe, aproveitando a escala do navío – escola “Elcano”.

Tamén a nosa Cidade Prohibida está no centro da cidade, ten murallas, restos dun foxo con auga cegado ao final do século XIX, e un montón de limitacións para podermos visitala. Cando o Goberno Central e o Ministerio de Defensa se decatarán de que non estamos na China imperial senón no Ferrol do século XXI? Non son tempos de prohibición senón de apertura.