Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

De 2001 a 2012 o meu “sintrom” literario diario foron os miudiños do profesor Araguas. Alén de sermos da mesma quinta e de coñecérmonos desde a prodixiosa década dos 60, teño a sorte de ter nacido tamén en Xuvia (non na de Neda como Vicente, senón na de Narón). Velaí por que me resultaban tan cercanos tantos personaxes, feitos e lugares que aparecían nas súas columnas: a fermosa ribeira da nosa adolescencia, os cines Principal e Niza (case sempre para ver unha de romanos), o Círculo Mercantil e Industrial, o Hispano-Argentino co campeonísimo motonáutico Francisco Fernández Cagiao, Doro e o Hostal Excelsior, La Cubana (de Nemesio), Foto Calros, O Portazgo, O Empedrón, A Toeleira, Casadelos, o Coto de Ancos, os Foiras, Perille (o noso Fangio), as festas de Santa María, Os Zares… Relín nesta Semana Santa a escolma de miudiños publicados en Diario de Ferrol e editados agora por Embora, cheos de gratas lembranzas. Obrigado, caro amigo.