Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Para os non iniciados no tema, a macroeconomía é unha unha verdadeira caixa de sorpresas. Segundo di o sr. Montoro, que desto debe saber moito, “España necesita crecer para crear emprego”. Sen dúbida debe ter razón, mais a min gustaríame que detallase un pouco máis, para que a xente “de a pé” poidésemos saber como se crece economicamente e quen crece. Se crece o Estado, crecen do mesmo xeito os traballadores, as familias, os parados e os pensionistas? Ou teñen que minguar económicamente toda esta xente para crecer o Estado? Ademais di que para, o ano que ven, imos ser líderes en Europa niso do crecemento; pero, iso será porque estamos tan abaixo, que xa só se pode crecer? Se é así, eu non vexo o milagre por ningures. Porén, dentro do seu optimismo, parécelle pronto para crecer e crear emprego e afirma que iso é posible, grazas á capacidade dos españois para crecer e emprender. E nun ataque de sinceridade afirma que: “A xente está a nos tirar da crise”. Pois si.