Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Avec le temps.../avec le temps, va, tout s’en va...”, dicía o grande Leo Ferré. E levaba razón. Mais non todo se ten que ir necesariamente na liña exacta en que nolo conta. Mais é obvio que o tempo marcha, que se vai, que pasa e pasa sen case enterármonos. Nestes días estase a celebrar o décimo sexto curso de verán “Carlos Gurméndez”, van aló, xa que logo, quince anos que semellan catro días. Pero nestes anos morreron xentes vinculadas moi directamente a esta aventureira experiencia intelectual. Nomeadamente Emilia Patiño, a encantadora muller de Gurméndez, ou Jerónimo Gonzalo ou Ramiro Fonte. Tiven a grande satisfacción de ser codirector do curso desde o seu inicio ata este ano. Primeiro na compaña de José Luis Tasset e despois na de María Antonia Pérez. Malia ser Profesor Honorario da UDC, o feito de non ser Catedrático en activo –por prexubilación– aconsellou que me desvinculase da dirección, o que non quere dicir da organización nin da participación. Acaban hoxe. Quen poida acudir que o faga, porque, abofé, que pagan a pena.